4.1 48705 (11/PNP-004035)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre o compromiso do Parlamento de Galicia na defensa da Constitución de 1978 e na defensa da independencia do poder xudicial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia acorda como resolución:
1. Expresar o firme compromiso do Parlamento de Galicia na defensa da
Constitución de 1978 e dos valores democráticos que se ven reflectidos no seu artigo primeiro onde define ao noso país como un Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político.
2. Expresar o firme compromiso do Parlamento de Galicia na defensa da
independencia do poder xudicial, o cal non pode ser usado como elemento de negociación mediante cesións esixidas por partidos independentistas para garantir a continuidade dun Goberno".
4.3 53570 (11/PNP-004445)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para potenciar a investigación no eido da medicina xenómica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a potenciar a investigación no eido da medicina xenómica co establecemento de acordos de investigación con outras entidades, preferentemente de carácter público, que permitan xerar un valor engadido en materia de detección precoz ós traballos realizados pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.