saltar ao contido

Alumnado da XV promoción do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires visita o Parlamento de Galicia


Santiago, 19 de setembro de 2023.- Preto dunha vintena de alumnas e alumnos da XV promoción do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia no marco da viaxe que están a efectuar á Comunidade entre o 4 e o 22 de setembro.

 

O alumnado, que acude acompañado por dúas profesoras do centro, foi recibido polo presidente do Parlamento, que gabou o labor que desenvolve o Instituto Santiago Apóstolo da capital arxentina, ao tempo que animou ás mozas e mozos da delegación e manter vivo o legado de Galicia naquela cidade e en todo o país.

 

Despois do encontro co presidente do Parlamento, a delegación efectuou unha visita guiada á sede da Cámara.​

Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina