saltar ao contido

Acordo Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o día 21.09.2023

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de setembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión​

Aprobación sen modificacións

 

- 52993 (11/PNC-004546)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 13 máis

Sobre a defensa por parte da Xunta de Galicia da tramitación garantista e respectuosa co medio ambiente dos proxectos mineiros na Comunidade Autónoma de Galicia

BOPG n.º 486, do 26.04.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir defendendo una tramitación garantista e respectuosa co medio ambiente dos proxectos mineiros na Comunidade galega, que garanta que aquelas iniciativas, especialmente as relativas a materias primas fundamentais ou minerais críticos segundo os plans e programas europeos, cumpran cos requisitos esixidos tanto na normativa estatal como na autonómica."



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina