saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de setembro de 2023


4.4    57583 (11/PNP-004637)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para que adopte as medidas oportunas diante das autoridades europeas co obxecto de que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico non sexa excluído do mapa deseñado para a posta en marcha do órgano xestor da futura rede ferroviaria europea de mercadorías

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 551, do 25.08.2023

 

4.6    58158 (11/PNP-004685)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co obxecto de impulsar a modernización do transporte ferroviario de mercadorías e a integración de Galicia nos plans europeos para o Corredor Atlántico

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023

 

Debate acumulado

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1º- Dirixirse ao Goberno de España é ás autoridades europeas co obxecto de que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico -no que figura expresamente Galicia- non sexa excluído do mapa deseñado para a posta en marcha do órgano xestor da futura rede ferroviaria europea de mercadorías

2. Convocar os axentes do transporte de mercadorías para demandar a revisión da exclusión de Galicia da rede de autoestradas ferroviarias.

 

3. Demandar do Goberno Central a aprobación no presente ano do Plan Director do Corredor Atlántico, incluíndo nel todas as demandas relacionadas co Corredor Noroeste.

 

4. Tendo en conta o atraso de Galicia en materia de transporte de mercadorías, demandar do Goberno Central un Plan extraordinario de investimentos na modernización do ferrocarril de mercadorías que equilibre e compense o escaso desenvolvemento que sofre o noso país nesta materia".

​ 

4.5    58090 (11/PNP-004675)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 6 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno central co obxecto de que adopte as medidas axeitadas para as necesidades do desenvolvemento da industria electrointensiva

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitarlle que aprobe, con carácter inmediato, un marco de subministración eléctrica competitiva, estable e predicible para a gran industria consumidora de enerxía".

         



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina