saltar ao contido

Convocatoria do Debate anual sobre política xeral previsto para o 9 de outubro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 9 de outubro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de outubro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

 

  Punto único.Debate anual sobre política xeral: Comparecencia do Sr. presidente da Xunta de Galicia, para informar e debater respecto da situación política da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 59922, 11/DEBA-000002)

 

 

 

O que se publica para xeral coñecemento.

 

 

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina