saltar ao contido

Minuto de silencio no Parlamento de Galicia polo incendio rexistrado en Vigo

Santiago, 11 de outubro de 2023.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou esta mañá, ao inicio da segunda sesión do Debate anual sobre política xeral, un minuto de silencio en memoria das vítimas mortais do incendio rexistrado a pasada noite en Vigo.


O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, trasladou o afecto de deputadas a deputados ás familias da vítimas  e tamén o desexo dunha pronta recuperación das persoas que resultaron feridas.

Foi, en palabras de Santalices, “unha desgraza que entristece moito á nosa Comunidade".

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina