A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 53186 (11/PNC-004568)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea unha revisión rigorosa das áreas vedadas á pesca de fondo
BOPG n.º 489, do 03.05.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea a necesidade de que a revisión das áreas vedadas á pesca de fondo se faga co máximo rigor técnico-científico, tendo en conta tanto o eido medioambiental como o social e o económico".
- 60315 (11/PNC-005032)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, Carmela e 3 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia das actuacións necesarias para lograr que o concello de Vigo acolla a sede da Rede Global de Portos Azuis da FAO
BOPG n.º 570, do 27.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a:
a) Demandar do Goberno de España a formalización da solicitude diante da FAO para que Vigo acolla a súa Sede da Rede Global de Portos Azuis.
b) Trasladar a total vocación de colaboración por parte da Xunta de Galicia para lograr ese obxectivo.
c) Demandar de todas as administracións públicas implicadas, nomeadamente a Autoridade Portuaria de Vigo, e a Goberno de España, a máxima cooperación institucional nesta cuestión".