A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 19 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 58169 (11/PNC-004860)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que reclame do Goberno do Estado a creación de cinco novos xulgados exclusivos contra a violencia de xénero
BOPG n.º 552, do 30.08.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse o Goberno Central para reclamar a creación de cinco novos xulgados exclusivos contra a Violencia de Xénero en Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol".