4.2 60594 (11/PNP-004886)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que manifeste o seu rexeitamento ante a situación en que se atopa o proceso de renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que rexeite o incumprimento do artigo 122 da Constitución e a conseguinte situación de bloqueo que está a sufrir o Consejo General del Poder Judicial, e que manifeste aos grupos políticos con representación nas cortes a obriga de cumprimento inmediato da Carta Magna".
4.5 60713 (11/PNP-004899)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
Sobre a reclamación que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central para que cumpra o seu compromiso de axudar os enfermos de ELA e as súas familias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno de España cumprir o seu compromiso de axudar aos enfermos de ELA e as súas familias".
4.6 60966 (11/PNP-004926)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central relacionadas coas actuais negociacións de investidura do candidato á Presidencia do Goberno de España
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 578, do 11.10.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Dirixirse ao Goberno de España para solicitarlle que aclare o contido e alcance das negociacións que está a levar a cabo coas distintas forzas políticas para acadar a investidura de Pedro Sánchez e como estes pactos poden afectar ás diferentes Comunidades Autónomas, nomeadamente a Galicia.
2. Esixir do Goberno central que en ningún caso estas negociacións deriven na asignación de menos recursos públicos ou competenciais para Galicia que para outras Comunidades Autónomas".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.