saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 20 de novembro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 20 de novembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de novembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto único. Textos lexislativos

 

1.1Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais  da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (doc. núm. 61392, 11/PL-000027)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 583, do 20.10.2023
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 594, do 14.11.2023

 

1.2Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 61393, 11/PL-000028)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 583, do 20.10.2023
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 594, do 14.11.2023

 

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina