saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª., Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 16 de novembro de 2023

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 60259 (11/PNC-005024)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Carreira Pazos, Iria e 2 máis

Sobre determinadas actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego referidas ao impulso do sistema asistencial da hospitalización a domicilio (Hado)

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:

 

1º. Garantir a cobertura de toda a poboación a través da Hospitalización a Domicilio antes do remate da presente lexislatura.

 

2º. Dotar aos servizos de Hospitalización a Domicilio dos recursos humanos e materiais precisos para poder garantir o funcionamento do servizo".

 

- 60320 (11/PNC-005033)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego verbo da actualización da guía de abordaxe das disfuncións do solo pelviano feminino coa que traballa o Sergas

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a actualizar a guía de abordaxe de disfuncións do solo pelviano feminino do Servicio Galego de Saúde co obxectivo de introducir os cambios precisos que permitan dar unha atención máis completa ás pacientes".

 

 

- 60835 (11/PNC-005085)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina

Sobre a demanda á Xunta de Galicia do restablecemento do servizo de pediatría a tempo completo no Centro de Saúde de Valga

BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a restablecer de forma inmediata e urxente o servizo de pediatría a tempo completo e garantir un servizo de atención sanitaria de calidade no centro de saúde de Valga."

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina