saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª., Educación e Cultura, celebrada o 29 de outubro de 2023

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 29 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 53104 (11/PNC-004557)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Gómez Salgado, Carlos e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer en valor a creación literaria do poeta Antón Tovar

BOPG n.º 489, do 03.05.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a poñer en valor a creación literaria de Antón Tovar, un dos máis destacados poetas do século XX, cando están a piques  de cumprirse vinte anos do seu pasamento. Con tal fin coordinará con outras institucións e co tecido cultural galego unha programación ao redor da súa figura que axude a divulgar a vida e obra deste mestre das letras".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 61681 (11/PNC-005172)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Torrado Quintela, Julio e 2 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia das actuacións necesarias para establecer no IES O Carril, de Vilagarcía de Arousa, un réxime de xornada continua todos os días da semana

BOPG n.º 591, do 08.11.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a facilitar todo o necesario para que poida producirse o cambio de xornada lectiva no IES para pasar a unha xornada continua todos os días da semana, e de maneira especial intervindo o necesario respecto do contrato coa empresa concesionaria do transporte escolar para que habilite os medios que permitan adecuarse aos horarios e permitir ese cambio".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina