saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª., Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 29 de outubro de 2023

A Comisión 6ª., Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 29 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 54254 (11/PNC-004668)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 6 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España no que atinxe á planificación da rede de transporte eléctrica

BOPG n.º 506, do 14.06.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse o Goberno de España para que ofreza certezas coa aprobación da modificación da planificación eléctrica da rede de transporte para dar viabilidade técnica a proxectos estratéxicos como os de Stellantis, Altri, Forestal del Atlántico, Ignis, Resonac ou Fisterra Energy"​.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina