A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 30 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 62349 (11/PNC-005243)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para abordar a situación actual do servizo de transporte público e escolar na comarca da Barbanza
BOPG n.º 599, do 22.11.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1.- Dar cumprimento inmediato aos acordos unánimes tomados no Parlamento o 28 de abril de 2022 e o 12 de maio de 2023.
2.- Utilizar todas as ferramentas incluídas no prego de cláusulas administrativas para acadar a mellora na prestación do seu servicio de transporte público na comarca do Barbanza".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 59195 (11/PNC-004945)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 9 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que axilice os traballos da variante exterior da alta velocidade ferroviaria en Ourense
BOPG n.º 565, do 20.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a pedir o Goberno de España que axilice os traballos da Variante Exterior de Ourense de tal xeito que se cumpran os prazos de execución previstos na contratación das obras desta infraestrutura ferroviaria".