saltar ao contido

A Xunta de Portavoces reunirase o próximo luns para organizar o inicio da XII Lexislatura

  • O presidente do Parlamento trasladará unha proposta de calendario para a investidura, condicionada ao cumprimento dos prazos regulamentarios para a constitución das comisións

 

 

Santiago, 19 de marzo de 2024.- A Mesa e Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia reunirase o vindeiro luns, 25 de marzo, para dar comezo aos trámites propios do inicio da XII Lexislatura, entre eles o calendario de investidura do presidente da Xunta. Así o adiantou o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, ás integrantes da Mesa e portavoces dos grupos parlamentarios en conversas celebradas esta mañá.

 

A proposta de calendario que o presidente do Parlamento trasladará á Xunta de Portavoces está condicionada polos prazos que fixa o  Regulamento da Cámara para a constitución dos grupos parlamentarios (cinco días hábiles a partir da sesión constitutiva) e das comisións (dez días).

 

Proposta de calendario:​


Data
Trámite
25 de abril, luns

Reunión da Mesa do Parlamento

-          Coñecemento da constitución dos Grupos Parlamentarios

Reunión da Xunta de Portavoces

-          Constitución

-          Fixación do número de membros das comisións parlamentarias

-          Calendario de investidura e de sesión solemne de apertura

-          Data para a constitución das comisións​


1 de abril, luns
Constitución comisións parlamentarias


2 de abril, martes
Consultas presidente do Parlamento de Galicia cos representantes dos Grupos para candidatura á  Presidencia da Xunta


4 de abril, xoves
Reunión da Mesa e Xunta de Portavoces
​-          Coñecemento proposta de candidato á Presidencia

-          Ordenación do debate

-          Acordo de asignación de escanos



​9 de abril, martes
Debate de investidura
​-          Presentación programa goberno polo candidato á Presidencia
​11 de abril, xoves

Debate de investidura


-          Intervencións dos Grupos

-          Resposta candidato

-          Votación


13 de abril, sábado

Toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia




​​16 de abril, martes
Sesión solemne de apertura da XII Lexislatura
​​

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación. ​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina