Santiago, 23 de abril de 2024.- Argimiro Marnotes Fernández tomou posesión esta mañá, a inicio do Pleno, como deputado do Parlamento de Galicia. Substitúe, como deputado do Grupo Popular por Ourense, a Elena Rivo, que renunciou á súa acta a pasada semana.
Marnotes Fernández naceu no Carballiño en 1966 é arquitecto técnico pola Universidade da Coruña. Técnico de Xestur Galicia desde 1992 e coordinador da Unidade Sur desde 2016 ata o 2024.
Foi alcalde do Carballiño e deputado provincial no mandato 2011-2015.
Preside o PP do Carballiño desde 2010, sendo concelleiro entre os anos 2003 e 2011.
Desde xullo de 2020 ata a actualidade preside o Club de Fútbol Arenteiro.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.