saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 2 de maio de 2024

 

 

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 2 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

 

Elección membros da Mesa

 

Elección de vicepresidente ou vicepresidenta da Comisión

 

-  (12/CEEM-000012)

 

Vicepresidenta: María Deza Martínez

 

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 509 (12/PNC-000026)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 8 máis

Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central referidas á planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 6 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que adopte as medidas necesarias para:

 

1º.- Incluír novas modificacións na planificación da rede de transporte eléctrico que dean resposta ás necesidades dos proxectos industriais intensivos en enerxía cuxa viabilidade e competitividade dependen da conexión eléctrica.

 

2º.- Realizar unha reforma da Lei do Sector Eléctrico que permita introducir modificacións na planificación da rede de transporte dunha maneira áxil e sinxela, para dar resposta ás necesidades de conexión de proxectos industriais que teñan unha cualificación de prioritarios ou estratéxicos por un goberno autonómico ou polo Goberno central".

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 539 (12/PNC-000032)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 8 máis

Sobre a solicitude que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co apoio ao futuro Xacobeo 2027 ao abeiro da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a declaración do Xacobeo 2027 como acontecemento de excepcional interese ao abeiro do previsto Lei 49/2002 de réxime fiscal de entidades sen ánimo de lucro, e de incentivos ao mecenado, e con efectos desde o ano 2025".


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina