A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 7 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
Elección membros da Mesa
Elección de presidente
- (12/CEEM-000014)
Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo
Elección da presidencia da Comisión
Presidenta: Patricia García González
Elección de vicepresidente
- (12/CEEM-000015)
Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo
Elección da vicepresidencia da Comisión
Vicepresidenta: Paula Mouzo Mas
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 502 (12/PNC-000023)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre as reclamacións que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación cos fondos anunciados para o PERTE da cadea mar-industria
BOPG n.º 9, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno de España que incremente os fondos anunciados para o PERTE da cadea mar-industria e axilice a súa activación para que o sector poda acometer novos investimentos".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 485 (12/PNC-000021)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe reiterar ao Goberno central co fin de que reduza o IVE dos produtos do mar e se poida beneficiar o complexo mar-industria
BOPG n.º 9, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reiterar a demanda ao Goberno de España para que amplíe a redución do IVE de produtos básicos tamén a pescados, mariscos e conservas".
- 1508 (12/PNC-000175)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia da modificación das convocatorias de axudas para 2024 dirixidas ás mariscadoras e aos mariscadores afectados por paralizacións temporais da súa actividade
BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galiciaa insta o Goberno galego a modificar o proxecto de ordes de axuda 2024 para as persoas mariscadoras afectadas pola paralización temporal en diferentes bancos marisqueiros intermareais de Galicia, de xeito que os 120 días de actividade extractiva non teñan que ser verificados necesariamente coas notas de venda realizadas nas lonxas ou centros ou centros de venda autorizados, co obxectivo primordial de evitar os possibles prexuízos que puideran ter lugar".
- 1465 (12/PNC-000184)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego co obxectivo de paliar as perdas económicas dos mariscadores e das mariscadoras e de recuperar a produción das rías galegas
BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galizcia insta ao Goberno galego a:
. Axudas directas dende o mes de outubro e ata que se recupere a actividade con normalidade.
. Creación dun seguro público de producción marisqueira que asegure unha producción mínima e garanta uns ingresos e unha renda digna aos traballadores e traballadoras do mar en inactividade.
. Demandar do Goberno do Estado a exención das cotas da Seguridade Social para as persoas afectadas ata que se recupere a actividade con normalidade.
. Atender a situación económica das confrarías que se vexan afectadas por una importante diminución de ingresos por mor da caída de produción.
. Comezar a recuperación e rexeneración das rías galegas e a súa produtividade.
. Artellar os mecanismos necesarios para enfrontar as consecuencias que xa está a ter o cambio climático no comportamento e cantidade dos distintos recursos e na actividade pesqueira, mexilloeira e marisqueira de Galicia".