saltar ao contido

Toma de posesión de nove deputados e deputadas do Parlamento de Galicia

 

 

 

 

Santiago, 14 de maio de 2024.- Un total de nove novos deputados e deputadas do Grupo Popular tomaron posesión esta mañá, ao inicio do Pleno da Cámara, cubrindo deste xeito as baixas rexistradas no Hemiciclo por mor do nomeamento, para o desempeño doutras responsabilidades, dos   titulares doutros tantos escanos.

 

As novas deputadas e deputados que hoxe tomaron posesión son Encarna Amigo Díaz (deputada pola circunscrición de Lugo), Víctor Manuel Baladrón Lamas (Ourense), Cristina Campero Dorado (Ourense), Juan Casares Gándara (Ourense), José Luis Ferro Iglesias (Ourense), Miguel Fidalgo Iglesias (Pontevedra), Nicole Grueira Fernández (Lugo), Paula Mouzo Mas (A Coruña) e María Felisa Rodríguez Carrera (Pontevedra).

 

 

Encarna Amigo Díaz

 

As Nogais - 1957

 

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade  de Santiago de Compostela. Diploma de Estudos Avanzados en Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña.

 

Exerce como médica reumatóloga no Sergas desde 1991, no Hospital Lucus Augusti de Lugo.

 

É asesora da Liga Reumatolóxica Galega. Conta con publicacións en revistas especializadas, nacionais e internacionais.

 

Deputada na X e XI Lexislatura no Parlamento de Galicia. Nesta última foi voceira de Sanidade do Grupo Popular.

 

Na actualidade é concelleira no municipio de Cervantes, onde reside. Foi concelleira en Lugo desde 2011 ata 2019.

 

Víctor Manuel Baladrón Lamas

 

Verín – 1980

 

Técnico superior en Integración Social e técnico superior en Actividades Físicas e Deportivas.

 

Ata a súa toma de posesión traballou no Centro para a protección dos discapacitados psíquicos da comarca de Verín como técnico de Integración Social.

 

Foi concelleiro de Deportes, Xuventude e Festexos do Concello de Verín de 2007 ata o 2015. De 2015 a 2023 continuou como concelleiro do Grupo municipal do PP.

 

Foi vicepresidente da Cruz Vermella Monterrei de 2006 ata o 2023. Diploma de Honor da Cruz Vermella Española en 2014.

 

Cristina Campero Dorado

 

Rairiz de Veiga - 1992

 

Técnica Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural e en Secretariado.

 

Traballou de autónoma no sector da hostalería.

 

Ata a súa toma de posesión como deputada foi axente forestal da Consellería do Medio Rural, traballando anteriormente como bombeira forestal no mesmo departamento da Xunta.

 

Na actualidade é concelleira de Deportes no Concello de Xinzo de Limia.

 

Juan Casares Gándara

 

Ourense – 1967

 

Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo. É inspector veterinario oficial da Consellaría do Medio Rural.

 

Desde outubro de 2013 ata a súa toma de posesión foi director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e desde 2017 e ata a mesma data foi presidente o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e a Ruta do Viño do Ribeiro.

 

Columnista en xornais e narrador de historias en revistas culturais, é autor do ensaio “O pensamento político de Florentino López Cuevillas".

 

José Luis Ferro Iglesias

 

Cartelle - 1970

 

Licenciado en Ciencias da Relixión pola Universidade de Navarra. Docente de Educación Primaria. Profesor de Formación Vial. 

 

Alcalde de Celanova do 2012 ata o 2019. Anteriormente, do 2011 ao 2012, foi concelleiro de Cultura no mesmo Concello.

 

Foi vogal da Comisión de Cultura da FEMP e da mesma comisión na FEGAMP, entre 2015 e 2019.

 

Deputado no Parlamento de Galicia na XI Lexislatura, foi portavoz do Grupo Popular de Patrimonio Cultural e na Comisión non permanente de Seguridade Viaria.

 


 

 

Miguel Fidalgo Iglesias

 

Vigo - 1971

 

Licenciado pola Universidade de Vigo en Ciencias Empresariais (Especialidade: Financiamento) e Ciencias Económicas (Especialidade: Economía Pública). Máster en Dirección Comercial e Márketing (IESIDE).

 

Traballou no Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) e nas embaixadas de España en Chile e Portugal, e no IGAPE desde o ano 2000.

 

Ata a súa toma de posesión como deputado foi responsable das Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nas provincias de Pontevedra e Ourense.

 

Senador nas XI, XII e XIII Lexislaturas (portavoz de Pesca; 2015-2019). Concelleiro en Vigo (2007-2019).

 

Afiliado ao Partido Popular dende 1983, é membro do Comité Executivo do PPdeG e presidente da Comisión de Comercio e Turismo do PP de Vigo.

 

 

Nicole Grueira Fernández

 

Pol - 2001

 

Estudante de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela.

 

Foi asesora do Grupo Popular no Concello de Lugo.

 

Foi a candidata máis nova nunhas eleccións municipais, presentándose no 2023 no concello de Pol. Na actualidade é concelleira e portavoz do PP.

 

Presidenta de Novas Xeracións de Galicia desde novembro do 2023. 

 

Paula Mouzo Mas

 

Camariñas – 1986

 

Profesional do mar, patroa local de pesca, mariñeira de máquinas da Marina Mercante, percebeira e mariscadora.

 

Portavoz do PP no Concello de Camariñas.

 

Membro do Comité Executivo do PPdeG como coordinadora de Movementos Sociais. Secretaria da Comisión permanente de Igualdade e membro da Comisión de Pesca do PPdeG.

 

María Felisa Rodríguez Carrera

 

Mos - 1964

 

Administrativa. Desenvolveu actividades nesta materia durante máis de 30 anos, tanto por conta propia como allea.

 

Concelleira de Facenda, Economía, Industria e Deportes e viceportavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Mos desde 2023.

 

Deputada autonómica na XI Lexislatura. Foi vicepresidenta da Comisión 1ª (Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior) e vogal nas comisións: 4ª (Educación e Cultura), 7ª (Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes) e na Comisión de Relacións co Consello de Contas.

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina