4.1 825 (12/PNP-000075)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que rexeite a parálise na renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial e lles traslade aos grupos políticos representados nas Cortes a obriga de cumprimento da Constitución
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que rexeite o incumprimento do artigo 122 da Constitución e a conseguinte situación de bloqueo que está a sufrir o Consello Xeral do Poder Xudicial, e que manifeste aos grupos políticos con representación nas Cortes a obriga de cumprimento inmediato da Carta Magna".
4.3 1086 (12/PNP-000100)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as demandas dirixidas ao Goberno galego co fin de mellorar en Galicia as taxas de incorporación da muller ao traballo e en condicións de calidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
1. Promover políticas de emprego que impulsen a incorporación das mulleres ao traballo, en condicións de calidade, para poder alcanzar a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
2. Mellorar as políticas activas de emprego e, en especial, as dirixidas ao incremento da inserción e permanencia laboral de determinados grupos de mulleres con dificultades específicas, maiores de 45 anos, novas, sen cualificación ou con necesidades de recualificación, residentes no ámbito rural, con discapacidade, migrantes, etc.
3. Impulsar políticas con perspectiva de xénero en todos os ámbitos e, especialmente, en materia de coidados e en políticas de corresponsabilidade efectiva".
4.4 1618 (12/PNP-000179)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España respecto da dotación da nosa comunidade de trens Avril e da extensión da alta velocidade ferroviaria ao resto de cidades galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para demandar a dotación, canto antes, dos trens Avril na nosa Comunidade, en número suficiente para garantir que o AVE chegue ao resto das cidades galegas e que veñan acompañados dunha mellor oferta de frecuencias que garantan uns servizos de calidade e competitivos".
4.5 2453 (12/PNP-000287)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que efectúe o traspaso inmediato dos medios materiais e persoais para xestionar a costa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia acorda como resolución amosar o seu apoio á iniciativa promovida pola Xunta de Galicia pola que se esixe ao Goberno de España o traspaso inmediato dos medios materiais e persoais para xestionar a costa e, deste xeito, estar en disposición de poder outorgar as concesións, así como insta ao Goberno galego a adoptar todas as medidas conducentes a ese obxectivo".
4.6 2541 (12/PNP-000298)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia e as demandas que debe trasladar ao Goberno central en relación coa titularidade e coa modificación do actual sistema de explotación e xestión da autoestrada AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta a demandar do Goberno do Estado que, en coherencia co procedemento aberto pola Comisión Europea, inicie os trámites para:
Ademais, o Parlamento insta a Xunta a ser parte activa deste procedemento encargando un estudo no que se exploren as vías xurídicas para a anulación da prórroga e se avalíen os custos económicos que tería para o Estado a asunción da xestión directa da AP 9".