A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 22 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 438 (12/PNC-000013)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que desenvolva accións divulgativas relacionadas co legado do científico Pedro Xosé Rodríguez y González, coñecido como "Matemático Rodríguez", no bicentenario do seu falecemento BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a desenvolver accións divulgativas que axuden a difundir o legado científico e político do Matemático Rodríguez no bicentenario do seu falecemento".