saltar ao contido

Integrantes da Asociación Mulleres +60, de Ourense, reúnense co presidente do Parlamento e coa conselleira de Política Social e Igualdade

Santiago, 29 de maio de 2024.- Integrantes da Asociación Mirada Mulleres +60, de Ourense, encabezadas pola súa presidenta, María Antonia Rilo, mantiveron este mércores unha reunión co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e coa conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta, Fabiola García.

 

No encontro, celebrado na sede da Cámara galega, as integrantes de Mirada Mulleres +60 explicaron os obxectivos desta organización, que busca visibilizar a realidade do colectivo ao que representan, defender os seus intereses e combater determinados estigmas sociais.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina