saltar ao contido

Acordos da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 5 de xuño de 2024

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 5 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 460 (12/PNC-000018)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 9 máis

Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central co fin de que se implique na situación que está a xerar no gando a enfermidade hemorráxica epizoótica

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno central, por medio do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para que tome en consideración a situación xerada e adopte decisións, como o deseño dunha estratexia común en relación coa afectación da EHE no noso país en favor dos nosos gandeiros e gandeiras, así como tamén a coordinación dun protocolo de actuación ante enfermidades emerxentes que afecta a nosa cabana gandeira".​​

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 3601 (12/PNC-000454)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández González, Ariadna e 3 máis

Sobre as actuacións que o Goberno galego debe impulsar ante a incidencia da enfermidade de Lyme en Galicia

BOPG n.º 24f2, do 15.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Reclamarlle ao Goberno de España para instar a Comisión Europea a estandarizar os sistemas de vixilancia da Enfermidade de Lyme como enfermidade profesional do sector agrogandeiro e forestal.

2. Dirixirse ao Goberno de España para instar a Comisión Europea a estandarizar os sistemas de vixilancia da Enfermidade de Lyme e incluír unha implementación máis ampla de definicións de casos comúns.

3. Incluír a Enfermidade de Lyme na listaxe de enfermidades endémicas de Galicia.

4. Elaborar un plan efectivo para coñecer que xenotipos de borrelia se padecen en Galicia e que distribución e infestación teñen as carrachas do xénero Ixodes por dita bacteria, elaborando plans preventivos e informativos adicados á probación en especial nas zonas máis afectadas".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina