Santiago, 11 de xuño de 20024.- O Parlamento de Galicia acolleu hoxe, ao inicio do Pleno da Cámara, as tomas de posesión dos sete novos deputados e deputadas que deste xeito cubrirán as baixas nas actas causadas polos nomeamentos para outras responsabilidades dos anteriores titulares.
As novas deputadas e deputados que hoxe tomaron posesión son Cecilia Vázquez Suárez (deputada pola circunscrición de A Coruña), Ángel Rodríguez Conde (A Coruña), Jesús María Fernández Rosende (A Coruña), Pablo Prieto Perille (A Coruña), Katherinie Varela Fernández (Lugo), Miguel Ángel Viso Diéguez (Ourense), e Manuel Santos Costa (Pontevedra).
Miguel Ángel Viso Diéguez
Arnoia (1971)
Enxeñeiro Técnico Agrícola. Máster en Prevención de Riscos Laborais. Técnico da Consellería do Medio Rural. Secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros técnicos agrícolas. Viticultor na D.O. Ribeiro.
Foi senador na XIV lexislatura (2019-2023). Ocupou a vicepresidencia segunda na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación e foi vogal nas comisións de Transición Ecolóxica e de Industria, Turismo e Comercio.
Deputado no Congreso na XI lexislatura. Foi vicepresidente segundo da Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, voceiro adxunto da Comisión para o Estudo do Cambio Climático e vogal na Comisión de Fomento.
Presidiu o Consello Regulador do Ribeiro entre 2012 e 2016.
Katherinie Varela Fernández
Monforte de Lemos (1981)
Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Curso de Posgrado en Empresa e Contabilidade para non Financeiros por Deusto. Máster en Dereito laboral e Seguridade Social pola Universidade Rey Juan Carlos I.
É Portavoz do Grupo municipal do PP no Concello de Monforte de Lemos.
Deputada na XI Lexislatura no Parlamento de Galicia.
É membro do Comité Executivo do PPdeGalicia.
Foi empregada de banca do 2007 ata o 2017.
Cecilia Vázquez Suárez
Betanzos. 1977
Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Experta Universitaria en Xuventude e Sociedade e en Xestión de Empresas Agroalimentarias pola Fundación Juana de Vega.
É Portavoz do Grupo municipal do PP en Betanzos e presidenta do PP local.
Foi directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia de xuño de 2015 a decembro de 2018.
Foi xefa do gabinete da Delegación da Xunta na Coruña de xullo de 2019 ata maio de 2024.
Traballou en empresas agroalimentarias dende 2005 ata 2019.
Pablo Prieto Perille
Ferrol (1964)
Técnico especialista en Administración. Director deportivo pola Real Federación Española de Fútbol-Universidade Camilo José Cela.
Exerceu como adestrador profesional de fútbol sala a nivel nacional e internacional (España, Libia, Emiratos Árabes Unidos) e director e xestor deportivo en diferentes entidades deportivas.
Foi responsable de Fútbol Sala feminino nacional da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), e membro do Comité Galego de Adestradores na Real Federación Galega de Fútbol ( RFGF).
Foi vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e na actualidade é responsable de Fútbol Sala da mesma.
Concelleiro en Narón do 2011 ao 2014.
Manuel Santos Costa
Marín (1968)
Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela.
É primeiro tenente de alcalde do Concello de Marín, no que é concelleiro desde o ano 2002 e na actualidade responsable de Urbanismo e Facenda.
Deputado na XI lexislatura no Parlamento de Galicia.
Foi director financeiro dunha empresa de construción.
Ángel Rodríguez Conde
Padrón (1971)
Funcionario da Xunta de Galicia, especialidade de bombeiro forestal- xefe de brigada.
Deputado na XI Lexislatura, desde o ano 2023, na que foi portavoz do Grupo Popular en materia de incendios.
A partir do 2021 ata a súa toma de posesión como deputado desempeñou funcións na Dirección Xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia.
Foi concelleiro en Padrón desde o 2015, e do 2017 ata o 2021 foi Tenente - alcalde e responsable de Saúde Pública, Deportes, Protección Civil e Emerxencias, Tráfico, Persoal e Festexos.
Jesús María Fernández Rosende
Oleiros (1960)
Empresario.
É presidente da Asociación de exparlamentarios do Parlamento de Galicia desde o 2007.
Vicesecretario territorial do Partido Popular da Coruña e presidente do PP de Oleiros.
Deputado no Parlamento de Galicia na II, III, IV, V e VI lexislaturas.
Foi secretario do Grupo Popular, viceportavoz de Pesca e presidente de distintas comisións.
Foi director xerente e secretario do Padroado da Fundación para a Investigación e Desenvolvemento de Recursos Mariños, secretario do Consello Regulador Denominación de Calidade Mexillón de Galicia e secretario do Consello Económico da Universidade da Coruña.
Militante do PPdeG desde 1989, foi elixido concelleiro de Oleiros nas municipais de 1995