saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 14 de xuño de 2024

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 14 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 2659 (12/PNC-000341)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Lorenzo Gómez, Rubén e 4 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que achegue recursos con carácter específico, e con apoio en fondos europeos, destinados ás administracións autonómicas e locais para a mellora e adaptación dos centros educativos

BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que solicite ao Goberno de España un fondo específico de cooperación territorial, dotado con fondos europeos, para que as Administracións autonómicas e locais, dentro das súas respectivas competencias, conten con máis recursos coa finalidade última de mellora dos centros educativos e adaptalos aos novos retos da sociedade actual".

 

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 4467 (12/PNC-000546)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Longueira Castro, Silvia e Abalde Alonso, Julio Ernesto

Sobre a demanda á Xunta de Galicia de determinada información relativa aos seus proxectos en materia de política lingüística

BOPG n.º 31f2, do 29.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a presentar ante a Cámara galega:​

 

1.- A planificación prevista polo conselleiro de Cultura para dar cumprimento dos acordos acadados, nesta Cámara, en defensa e promoción do galego.

2.- As medidas que ao longo destes catro anos de goberno teña previsto implementar no eido da divulgación e implantación do galego.".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina