saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 19 de xuño de 2024

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 19 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 1210 (12/PNC-000129)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 14 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de articular os mecanismos necesarios para mellorar a dotación da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España que por parte do Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeneral da Policía, se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, e así incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente vén prestando."

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina