saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 20 de xuño de 2024

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 20 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 516 (12/PNC-000029)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis

Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central en relación co Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios e a planificación da formación de especialistas

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para demandarlle que tome as medidas oportunas para garantir que o Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios conte con información fiable de todas as especialidades e de todos os actores do sistema de saúde de xeito que poida ser un instrumento efectivo para planificar as necesidades de formación de especialistas do Sistema Nacional de Saúde e previr a aparición de déficits de profesionais de determinadas especialidades".

 

- 540 (12/PNC-000033)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que este volva á bonificación do cen por cento dos seguros sociais nas baixas por maternidade

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ó Goberno Central para solicitarlle a recuperación do 100% da bonificación polas baixas de maternidade".

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina