saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de xuño de 2024

 

4.1 705 (12/PNP-000060)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno central co obxecto de que a cidade da Coruña albergue a futura sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que, unha vez constituída a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) na súa sede de A Coruña, solicite ao Goberno do Estado que conte coa participación de Galicia e do resto de Comunidades Autónomas nos seus órganos de goberno e se proceda a reformular a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030, previsto para o ano 2025, e os programas sectoriais e proxectos de IA na nosa comunidade de forma que nos permita aproveitar a oportunidade da ubicación da AESIA na Coruña e a consolidar o ecosistema que facilite a implantación de empresas tecnolóxicas e retención e atracción de talento na Comunidade de Galicia"

 

 

 

4.2 1593 (12/PNP-000176)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Alén Castro, Gabriel e 9 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que, en colaboración conconcellos e deputacións, desenvolva o Plan Pistas Abertas, orientado apoñer á disposición de clubs e familias as instalacións deportivas escolares

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia Instar á Xunta de Galicia a que en colaboración con concellos e deputacións desenvolva o “Plan de Pistas Abertas" orientado a poñer a disposición de clubes e familias as instalacións deportivas escolares e así contribuir a fomentar a práctica de exercicio físico, así como a un aproveitamento máis eficiente dos recursos e instalacións das administracións públicas"

 

 

4.3 3025 (12/PNP-000343)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia

Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para lle dar pulo á promoción do deporte feminino

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1.   Dar cumprimento dos artigos 71 e 72 da Lei 7/2023, do 30 de novembro para a igualdade de mulleres e homes de Galicia.

 

2.   De conformidade co artigo 178.2 e) da  Lei  7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia,  atribuír regulamentariamente ao Observatorio da Imaxe da Muller a obriga de potenciar a imaxe da muller e o deporte e a participación das mulleres en actividades físico deportivas:

 

a) Fomentar a participación de mulleres na práctica da actividade físico-deportiva.

 

b) Promover un cambio nos modelos de referencia do deporte femenino.

 

c) Facilitar o acceso das mulleres aos distintos niveis de intervención e xestión deportiva.

d) Desenvolver estratexias que garantan o acceso igualitario a á participación e á práctica de actividades físico-deportivas.

e) Establecer vías de comunicación entre entidades e institucións relacionadas co mundo do deporte.

 

f) Erradicación da discriminación por razón de xénero neste ámbito.

 

2. A que se dirixa ao ente público de Corporación Radio e Televisión de Galicia para que, dentro da Comisión de Igualdade se impulse :

 

a) Lograr unha maior visibilidade das competicións e o deporte feminino na programación e nos informativos.

 

b) Reforzar a formación de de todos os profesionais da corporación en materia de igualdade co obxecto de incluír unha perspectiva de xénero nas informacións.

 

 c) Promover a adscrición interna do persoal con formación e/ou experiencia acreditada no campo do deporte feminino aos servizos de deportes, respectando na selección normativa laboral vixente.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina