saltar ao contido

Santalices resalta a necesidade de abordar os hábitos saudábeis e a lonxevidade

  • O presidente do Parlamento inaugurou as “I Xornadas intercomunitarias de lonxevidade e hábitos saudábeis" en Xinzo de Limia

 

  • Avogou por que Galicia consiga a distinción Blue Zone como referente en calidade de vida

 

 

Santiago, 28 de xuño de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalilces Vieira inaugurou hoxe a a primeira edición das Xornadas sobre lonxevidade e hábitos saudábeis en Xinzo de Limia que organiza a Escola de Saúde da Limia e a Asociación Ourensividade.

 

Na súa intervención, o xefe do Lexislativo autonómico avogou por reflexionar sobre temas vitais como son os relacionados coa lonxevidade e o futuro dos novos maiores, que deben estar no foco para continuar coas boas prácticas e conseguir que Galicia poida contar coa distinción Blue Zone: os territorios que teñen mellores estándares de calidade de vida no mundo.

 

Santalices lembrou que as comarcas de Chantada, Terra de Lemos ou O Ribeiro están baixo a lupa do comité científico internacional da Universidade de Louvain para estudar o exitoso modelo galego de convivencia e lonxevidade neses territorios.

 

Referencia internacional

 

As rexións que xa forman parte da elite no tratamento dos maiores como Cerdeña, Martinica ou Okinawa realizan unha gran labor de previsión para garantir unha boa calidade de vida para o futuro de todos, e xornadas deste tipo permiten “poñer o foco na importancia das políticas de nova lonxevidade, vitais para a nosa sociedade", destacou Santalices.

 

O evento inaugural contou con representantes de tódalas administracións e científicos das comunidade científica e universitaria, que deron comezo a unha fin de semana enfocada no futuro e nas posibilidades de Ourense e Galicia como referentes da esperanza de e a calidade de vida.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina