saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de setembro de 2024

6.3 6108(12/PNP-000643)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao

Goberno central co obxecto de que elabore un estudo dos

custos que suporía o rescate e a gratuidade da autoestrada

AP-9

Publicación da iniciativa, 43f1, 26.06.2024

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que elabore un estudo, serio e minucioso, sobre o custo que suporía o rescate e a gratuidade da autovía do Atlántico (AP-9) e a dar traslado do seu resultado ás forzas políticas con representación nesta Cámara".

 

 

​6.6 10753(12/PNP-000886)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 14 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao

Goberno central referidas ás medidas que afectan a Sogama

adoptadas tras a aprobación da Lei de residuos e solos

contaminados para unha economía circular

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia,

81f1, 11.09.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:

 

1.- Esixir ao Goberno central que dea marcha atrás e suprima todos os impostos que gravan a actividade do tratamento de residuos.

 

2.- Esixir ao Goberno central que recupere a retribución ao investimento da planta termoeléctrica de Sogama, ao que tiña dereito ato o final da súa vida útil (2026).

 

3.- Unha vez que o Goberno central atenda estas peticións, demandar a Sogama que se comprometa a non aplicar a suba prevista para 2025".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina