saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 26 de setembro de 2024

 

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 26 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 9614 (12/PNC-000936)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos

Sobre as obras que o Goberno galego debe levar a cabo na estrada PO-213 para garantir a seguridade viaria

BOPG n.º 78f1, do 06.09.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a, previo estudo da situación actual do trazado da PO-213, para incorpora posibles medidas orientadas a incrementar a seguridade viaria, como incrementar o ancho, mellorar o seu trazado e a situación do firme.

E a aumentar a periodicidade do mantemento que elimine o exceso de maleza."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 6098 (12/PNC-000737)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que impulse a realización das infraestruturas viarias xa comprometidas en Galicia

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta a demandar do Goberno de España un compromiso real e efectivo para a realización de infraestructuras vitais para a nosa comunidade ante o que é unha falta de avances das infraestruturas viarias comprometidas polo Estado en Galicia e un agravio comparativo respecto a outras comunidades."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina