saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 27 de setembro de 2024

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 27 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 10147 (12/PNC-000955)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que aplique medidas de protección do sector porcino de Galicia ante o actual contexto do mercado internacional deste produto

BOPG n.º 81f2, do 11.09.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia solicita a Xunta de Galicia que inste ao Goberno de España a protexer os intereses do sector porcino de Galicia de cara a minimizar os potenciais danos que poidan resultar da investigación antidumping iniciada pola República Popular China aplicando para elo as medidas recollidas no Regulamento OCMA para minimizar o impacto nun sector estratéxico en Galicia.".

 

Rexeitamento da iniciativa

 

- 9970 (12/PNC-000945)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que modifique o sistema de quendas do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais e garanta o traballo con brigadas completas

BOPG n.º 78f1, do 06.09.2024

 

Sométese a votación e resulta rexeitada por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina