A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 2 de outubro de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 8881 (12/PNC-000900)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de persistir no apoio aos concellos coa dotación de medios e axudas económicas para a prestación dos servizos de Protección Civil
BOPG n.º 68, do 21.08.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 12 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a continuar apoiando aos concellos coa dotación de medios e axudas económicas para a prestación dos servizos de Protección Civil, dada a importante labor que prestan á cidadanía."