saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 18 de outubro de 2024

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 7993 (12/PNC-000853)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Conde, Ángel e 8 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego en relación coa continuidade no avance levado a cabo en materia de adquisición e inversión orzamentaria en equipos de protección individual e outros medios materiais precisos para as labores de prevención e extinción de incendios forestais

BOPG n.º 68, do 21.08.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir avanzando coa inversión orzamentaria e posterior adquisición de equipos de protección individual (EPIS), medios materiais e maquinaria que sexan necesarios para continuar cos labores de prevención e extinción de incendios forestais en Galicia dunha maneira óptima, decidida e segura."

 

- 10502 (12/PNC-000990)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que remita con urxencia ao Goberno central o proxecto de execución das obras de limpeza das canles da lagoa de Antela, segundo o compromiso adoptado no ano 2021

BOPG n.º 81f2, do 11.09.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que con urxencia remita ao Ministerio de Agricultura o proxecto para a execución das obras de limpeza da canle principal e secundarios na lagoa de Antela, tal e como se comprometeran no ano 2021."

 

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina