3.3 5065(12/PNP-000521) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que garanta a chegada da alta velocidade ferroviaria ás cidades de Lugo e Ferrol Publicación da iniciativa, 34f1, 05.06.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitar que se garanta o acceso das cidades de Lugo e de Ferrol á alta velocidade, en condicións de igualdade co resto do territorio, para o que é imprescindible a execución das actuacións precisas para adaptar a infraestrutura ferroviaria actual e que permita a chegada do AVE, entre as que se inclúen as variantes de Canabal- Os Peares, Rubián e Betanzos"
3.4 10158(12/PNP-000833) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que proceda a unha repartición xusta dos fondos para o fomento das linguas cooficiais no ámbito da industria cinematográfica e audiovisual
Publicación da iniciativa, 81f1, 11.09.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que garanta un reparto máis xusto e máis consecuente có obxectivo do fomento das linguas cooficiais distintas do castelán nas axudas para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción da industria cinematográfica e audiovisual".