A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 5 de novembro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 29 de outubro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Texto Lexislativo |
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de reforma da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, pola que se asegura unha dotación orzamentaria mínima destinada a garantir a suficiencia funcional e financeira da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, se eliminan os distritos sanitarios e se estrutura territorialmente o sistema galego de saúde en catorce áreas sanitarias (doc. núm. 5247, 12/PPL-000003) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 35, do 06.06.2024 | |
Punto 2. | Comparecencia |
9951 (12/CPP-000018) | |
Da conselleira de Economía e Industria, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 05.09.2024 | |
Punto 3. | Mocións |
3.1 | 13754 (12/MOC-000029) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Ríos Santomé, Paulo | |
Sobre a transparencia na contratación por parte da Xunta de Galicia dos servizos públicos de transporte (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 10366, publicada no BOPG núm. 82, do 12 de setembro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 22 de outubro de 2024.) | |
3.2 | 13758 (12/MOC-000030) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen | |
Sobre a elaboración dunha nova lei de medios de comunicación e os cambios que nela se pretenden incorporar, nomeadamente no relativo ao sistema de elección de director ou directora xeral da CRTVG e á emisión de producións en castelán (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 8091, publicada no BOPG núm. 69f1, do 22 de agosto de 2024, e debatida na sesión plenaria do 22 de outubro de 2024.) | |
3.3 | 13763 (12/MOC-000031) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Insua Lema, Óscar | |
Sobre a revisión do sistema de financiamento da Administración local (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 2721, publicada no BOPG núm. 22f1, do día 8 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 22 de outubro de 2024.) | |
Punto 4. | Proposicións non de lei |
4.1 | 2959 (12/PNP-000334) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia dirixidas a integrar no Servizo Galego de Saúde as unidades asistenciais de atención á drogodependencia xestionadas polas administracións locais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024 | |
4.2 | 5980 (12/PNP-000626) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Prado del Río, Paula e 8 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que promova un incremento dos efectivos da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024 | |
4.3 | 12248 (12/PNP-001009) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen | |
Sobre as accións que debe impulsar o Goberno galego na política de control da transmisión da lingua azul e da enfermidade hemorráxica epizoótica no gando galego | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97f1, do 09.10.2024 | |
4.4 | 13362 (12/PNP-001096) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Pérez López, Noelia e 8 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que modifique as condicións de asignación e utilización de fondos finalistas en materia de políticas activas de emprego | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024 | |
4.5 | 13507 (12/PNP-001118) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís e 6 máis | |
Sobre as negociacións dos contratos do Goberno galego coas concesionarias das autovías Santiago-Brión, O Salnés, A Barbanza e Celanova e a materialización do rescate en 2025 da AG-55 (A Coruña-Carballo) e a AG-57 (Vigo-O Val Miñor) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024 | |
4.6 | 13596 (12/PNP-001130) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Davila, María Cristina e Fernández González, Ariadna | |
Sobre determinadas actuacións que a Xunta de Galicia debe pór en marcha respecto das necesidades dos centros públicos de ensino en materia de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024 | |
Punto 5. | Interpelacións |
5.1 | 1063 (12/INT-000043) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara | |
Sobre o modelo de desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
5.2 | 12285 (12/INT-000540) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Fernández, Secundino e 4 máis | |
Sobre a xestión da Xunta de Galicia dos fondos europeos para o sector agrario, concretamente da orde deste ano, que regula os plans de mellora e a incorporación da xente nova ao sector | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97f1, do 09.10.2024 | |
5.3 | 13236 (12/INT-000581) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis | |
Sobre o grao de eficiencia do actual modelo de xestión marisqueira | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f2, do 23.10.2024 | |
Punto 6. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
6.1 | 13820 (12/POPX-000021) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre a política que está a levar a cabo o Goberno galego para afrontar o problema de acceso á vivenda | |
6.2 | 13822 (12/POPX-000022) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre as medidas que o Goberno galego prevé tomar para abordar con eficacia os problemas da sanidade pública | |
Punto 7. | Preguntas ao Goberno |
7.1 | 7350 (12/POP-000948) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Trenor López, Gonzalo e 12 máis | |
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do compromiso que ten o Goberno central co impulso do AVE entre Galicia e a fronteira portuguesa | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 61, do 06.08.2024 | |
7.2 | 13379 (12/POP-001994) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Abalde Alonso, Julio Ernesto e 2 máis | |
Sobre a situación do IES Agra de Leborís, da Laracha, no que concirne ao cumprimento dos acordos sindicais e á súa dotación docente | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f2, do 23.10.2024 | |
7.3 | 12422 (12/POP-001903) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Taibo Corsanego, Iria e Rodil Fernández, Olalla | |
Sobre a calidade da atención da Residencia Asistida de Maiores de Oleiros | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97f2, do 09.10.2024 | |
7.4 | 13286 (12/POP-001986) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis | |
Sobre as medidas que desenvolve ou vai desenvolver a Xunta de Galicia respecto do nó de transición xusta das Pontes | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f2, do 23.10.2024 | |
7.5 | 13792 (12/PUP-000052) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Castro García, Daniel | |
Sobre a postura da Xunta de Galicia ante o mantemento ou a retirada da acreditación obrigatoria do nivel de coñecemento da lingua galega para optar á contratación laboral temporal na súa propia administración | |
7.6 | 12343 (12/POP-001893) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Vázquez Mourelle, Ethel María e 8 máis | |
Sobre as novas campañas impulsadas pola Xunta de Galicia para a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial e ao virus do papiloma, así como respecto da vacina intranasal contra a gripe | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97f2, do 09.10.2024 | |
7.7 | 13119 (12/POP-001969) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma e 2 máis | |
Sobre a previsión que ten o Goberno galego respecto do cumprimento do Plan funcional do Hospital Gran Montecelo, aprobado o 23 de xuño de 2017 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 102f2, do 17.10.2024 | |
7.8 | 13791 (12/PUP-000051) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis | |
Sobre a posibilidade de materializar un pacto pola lingua entre todas as forzas políticas parlamentarias | |
7.9 | 13818 (12/PUP-000053) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
López Font, Carlos e Abalde Alonso, Julio Ernesto | |
Sobre o grao de implicación do Goberno galego no proceso de reversión aos concellos dos terreos portuarios non utilizados para tal fin
|
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente