saltar ao contido

Minuto de silencio no Parlamento de Galicia polas vítimas da Dana en varias CCAA

 


 

Santiago, 30 de outubro de 2024.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en solidariedade coas familias das persoas falecidas, desaparecidas e damnificadas por mor dos efectos da Dana que afectou a varias Comunidades. A concentración estivo encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, o arcebispo de Santiago, José Prieto, portavoces parlamentarios, deputados e persoal da Cámara.

 

Santalices trasladou a súa solidariedade cos afectados en todas as Comunidades e expresou o seu desexo de que se poida recuperar pronto a normalidade.

 

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina