saltar ao contido

Declaración institucional do Parlamento de Galicia en solidariedade cos afectados pola Dana


Logo dos graves sucesos acontecidos como consecuencia da DANA que afectou a varias comunidades autónomas españolas, o Parlamento de Galicia declara o seu pesar pola traxedia e traslada a súa solidariedade e afecto ás familias das persoas que perderon a vida.

Igualmente quere trasladar o seu afecto ás persoas feridas e ás súas familias, desexando unha rápida recuperación de todas elas e  lamentando os danos materiais producidos.

A Cámara galega amosa a súa admiración e recoñece o esforzo que están a desenvolver todos os profesionais que traballan na atención desta emerxencia: corpos e forzas de seguridade do Estado, bombeiros, axentes forestais, servizos de emerxencias, ONGs, e persoas traballadoras dos concellos, deputacións e comunidades autónomas.

Esta é unha traxedia que sentimos preto, por iso o Parlamento de Galicia como representante da sociedade galega, amosa a vontade e compromiso para que as institucións despreguen todos os esforzos e medios para colaborar na procura e rescate dos desaparecidos e, en xeral, naquilo que resulte de utilidade para atender ás familias afectadas e as súas necesidades​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina