saltar ao contido

Minuto de silencio e declaración institucional no Parlamento en solidariedade cos efectos da Dana

Logo dos graves sucesos acontecidos como consecuencia da DANA que afectou varias comunidades autónomas españolas, o Parlamento de Galicia declara o seu pesar pola traxedia e traslada a súa solidariedade e afecto ás familias das persoas que perderon a vida.

 

Igualmente, quere trasladar o seu afecto ás persoas feridas e ás súas familias, desexando unha rápida recuperación de todas elas e lamentando os danos materiais producidos.

 

A Cámara galega amosa a súa admiración e recoñece o esforzo que están a desenvolver todos os profesionais que traballan na atención desta emerxencia: corpos e forzas de seguridade do Estado, bombeiros, axentes forestais, servizos de emerxencias, oenegués e persoas traballadoras dos concellos, das deputacións e das comunidades autónomas.

 

Esta é unha traxedia que sentimos preto. Por iso, o Parlamento de Galicia, como representante da sociedade galega, amosa a vontade e o compromiso para que as institucións despreguen todos os esforzos e medios para colaboraren na procura e no rescate das persoas desaparecidas e, en xeral, naquilo que resulte de utilidade para atender as familias afectadas e as súas necesidades.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina