saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria prevista para o 19 de novembro de 2024

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 19 de novembro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de novembro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.

Texto Lexislativo

 

1.1                Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Proxecto de lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia (doc. núm. 6646, 12/PL-000002)

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49f1, do 10.07.2024

Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 96, do 04.10.2024

Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 111, do 04.11.2024

 

Punto 2.Comparecencia
  
2.114313 (12/CPP-000026)
 Da conselleira de Política Social e Igualdade, por petición propia, para informar sobre a igualdade e a loita contra a violencia de xénero
  
Punto 3.Mocións
  
3.114286 (12/MOC-000032)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Fernández, Secundino
 Sobre a xestión da Xunta de Galicia dos fondos europeos para o sector agrario, concretamente da orde deste ano, que regula os plans de mellora e a incorporación da xente nova ao sector (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm 12285, publicada no BOPG núm.  97f1, do 9 de outubro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 5 de novembro de 2024.)
  
3.214298 (12/MOC-000033)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 Sobre o grao de eficiencia do actual modelo de xestión marisqueira (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 13236, publicada no BOPG núm. 106f2, do 23 de outubro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 5 de novembro de 2024.)
  
3.314311 (12/MOC-000034)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia
 Sobre o modelo de desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1063, publicada no BOPG núm.  12f1, do 17 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do día 5 de novembro de 2024.)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.12233 (12/PNP-000261)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria e 8 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia no que atinxe ás unidades de reprodución asistida do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024
  
4.29051 (12/PNP-000788)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que constitúa a Comisión Mixta de Transferencias e materialice o traspaso dos medios materiais e persoais necesarios para xestionar o litoral da comunidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024
  
4.311047 (12/PNP-000915)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central respecto da política contra a violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 19.09.2024
  
4.413499 (12/PNP-001117)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre as actuacións que o Goberno galego debe promover co obxectivo de mellorar a situación e a atención das persoas enfermas de esclerose lateral amiotrófica (ELA)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024
  
4.513849 (12/PNP-001156)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 2 máis
 Sobre as actuacións e medidas que o Goberno galego debe impulsar co obxecto de establecer un marco global de loita no ámbito da violencia contra as mulleres
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112f1, do 05.11.2024
  
4.613960 (12/PNP-001173)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre a demanda ao Goberno galego das modificacións oportunas das bases reguladoras das prestacións que reciben as vítimas de violencia de xénero co fin de adaptalas en 2025 á suba media do IPC nos últimos dous anos
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.13691 (12/INT-000248)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón e 2 máis
 Sobre o uso oficial da lingua galega alén do propio marco institucional da Comunidade Autónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28f1, do 22.05.2024
  
5.212942 (12/INT-000567)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Taibo Corsanego, Iria e 2 máis
 Sobre a situación do galego reflectida no sexto informe do Comité de Expertos do Consello de Europa sobre o cumprimento da Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 102f2, do 17.10.2024
  
5.313806 (12/INT-000607)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Valcárcel Armesto, Montserrat e 4 máis
 Sobre as liñas estratéxicas da Xunta de Galicia relativas á planificación da presenza do eucalipto no monte galego ante o remate da vixente moratoria a novas plantacións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112f2, do 05.11.2024
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.114376 (12/POPX-000023)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre o nivel de eficacia das políticas do Goberno galego na loita contra a violencia machista
  
6.214377 (12/POPX-000024)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a calidade da democracia en Galicia
  
Punto 7.Preguntas ao Goberno
  
7.17811 (12/POP-001075)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e Castro Rey, Paloma
 Sobre o cumprimento das obrigas contidas na Lei 20/2022, do 19 de outubro, de memoria democrática
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 02.08.2024

 

7.214348 (12/PUP-000054)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 8 máis
 

Sobre o continxente de emerxencias mobilizado pola Xunta de Galicia para apoiar as persoas afectadas polas inundacións en Valencia

 

7.314353 (12/PUP-000055)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 

Sobre o grao de transparencia que ofrece o Goberno galego para a fiscalización da súa xestión

 

7.413897 (12/POP-002062)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 8 máis
 Sobre a repercusión que terá para a cidadanía a aplicación da Lei de residuos e solos contaminados para unha economía circular
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112f2, do 05.11.2024
  
7.58380 (12/POP-001374)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Insua Lema, Óscar e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia no que se refire á construción en 2025 de centros de día para maiores na Costa da Morte
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 69f3, do 22.08.2024

 

 

  
7.613883 (12/POP-002060)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis
 Sobre a postura da Xunta de Galicia ante as queixas que se veñen producindo respecto da xestión do Centro de Atención á Discapacidade Souto de Leixa, de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112f2, do 05.11.2024
  
7.713977 (12/POP-002076)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Ojea Bouzo, Armando
 Sobre o tratamento orzamentario da Xunta de Galicia á provincia de Ourense
  
7.811035 (12/POP-001738)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Deza Martínez, María e 8 máis
 Sobre as medidas postas en marcha para o fomento do alugueiro accesible incluídas no Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 88f1, do 20.09.2024
  
7.914371 (12/PUP-000056)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina
 Sobre a coordinación entre a Consellería de Educación e o Sergas para que sexa efectiva a atención educativa das pacientes e dos pacientes ingresados na Unidade de Saúde Mental Infantoxuvenil do Hospital Álvaro Cunqueiro

 

 

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina