A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de xaneiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 11765 (12/PNC-001119)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre determinadas medidas que debe pór en marcha o Goberno galego destinadas a mellorar a atención á saúde mental infantoxuvenil
BOPG n.º 95f1, do 02.10.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 12 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Aumentar a idade de atención da psiquiatría infanto-xuvenil aos 18 anos.
2.- Crear un programa de transición á idade adulta para os pacientes psiquiátricos
adolescentes."
- 14073 (12/PNC-001376)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda de fondos que a Xunta debe trasladar ao Goberno central, logo da obtención do premio Galicia Rexión Emprendedora Europea, para poñer en marcha programas específicos en materia de emprendemento
BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para reclamarlle os fondos necesarios que nos permitan poñer en marcha programas específicos en materia de emprendemento, tras ter recibido o premio Galicia Rexión Emprendedora."