A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 17 de xaneiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 12896 (12/PNC-001218)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Iglesias Rey, Patricia e 3 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da posta en marcha en Ferrol do polo de emprendemento de I+D en enerxías renovables e almacenamento comprometido polo expresidente Núñez Feijóo
BOPG n.º 102f1, do 17.10.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 16 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a iniciar inmediatamente a posta en marcha do polo de emprendemento de I+D en enerxías renovables e almacenamento en Ferrol, tal e como se tiña comprometido o ex presidente Feijóo."
- 15649 (12/PNC-001528)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis
Sobre a esixencia dun compromiso por parte da Xunta de Galicia, así como o seu traslado ao Goberno central, respecto de medidas que favorezan ao binomio industria e enerxía xerada nos territorios, en particular as que esixan aos promotores dos proxectos vender unha parte da enerxía xerada ás empresas da contorna
BOPG n.º 135, do 02.01.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a comprometerse con todas aquelas medidas favorables ao binomio industria e enerxía xerada nos territorios e, en particular, con todas aquelas que esixan aos promotores dos proxectos vender una parte da enerxía xerada ás empresas da contorna. Asemade, o Goberno galego trasladará esta mesma demanda ao Goberno de España."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 3738 (12/PNC-000472)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ruanova Vilas-Boas, Brais e Fernández Alfonzo, Ramón Tomás
Sobre a demanda á Xunta de Galicia do cumprimento das súas obrigas no exercicio das competencias en materia de seguridade industrial
BOPG n.º 28f1, do 22.05.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a exercer as súas competencias e obrigas en materia de seguridade industrial, a comezar por presentar o preceptivo informe bianual."
- 14919 (12/PNC-001459)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 7 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de habilitar os procedementos necesarios para as empresas poderen patrocinar a partir do 1 de xaneiro de 2025 actividades turísticas ao abeiro do Xacobeo 2027
BOPG n.º 127, do 04.12.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España que habilite mediante os procedementos que resulten necesarios, que as empresas que desexen patrocinar actividades turísticas ao abeiro do Xacobeo 2027 o poidan facer a partir do 1 de xaneiro de 2025.
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
a) Deseñar un mapa territorial por toda a xeografía galega que chegue ao máximo número de concellos e cando menos a todas as comarcas galegas.
b) Facer unha distribución equitativa e igualitaria das actuacións de maior impacto por todo o territorio.
c) Que o acceso aos distintos eventos sexan en igualdade de condicións."