saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 29 de xaneiro de 2025

 

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 29 de xaneiro de 2025

 

 

 

 

5.1 12902(12/PNP-001051) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Abalde Alonso, Julio Ernesto e 2 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que explique e remita ao Parlamento a proposta de creación da Fundación Pública para o Impulso da Ciencia de Galicia

Publicación da iniciativa, 102f1, 17.10.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

O Parlamento insta á Xunta de Galicia a remitir e explicar na Cámara, á maior brevidade, a proposta de creación da Fundación Pública para o Impulso da Ciencia de Galicia, incluíndo toda a información sobre a súa estrutura, competencias, funcións e financiamento".

 

 

 

5.2 15652(12/PNP-001324) Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis

Sobre a esixencia dun compromiso á Xunta de Galicia, así como o traslado ao Goberno central, en favor de medidas orientadas á repotenciación dos parques eólicos antigos

Publicación da iniciativa, 135, 02.01.2025

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a comprometerse con todas aquelas medidas, especialmente as orientadas á repotenciación dos parques eólicos antigos,

que supoñan unha mellora medioambiental ao mesmo tempo que garanten un uso eficiente dos nosos recursos. Asemade, o Goberno galego trasladará esta mesma demanda ao Goberno de España".

 

 

 

5.5 16710(12/PNP-001375) Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Carrera, María Felisa e 16 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao

Goberno central respecto da transferencia da AP-9, o novo

trazado para a A-52, a seguridade viaria na A-55 e a interlocución con todos os concellos afectados

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, 139,

15.01.2025

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

1º.- Demandar do Goberno de España a transferencia a Galicia da titularidade da AP-9 nos termos previstos na proposición de Lei Orgánica aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e a iniciar, con carácter inmediato,

negociacións coa concesionaria da autoestrada AP-9 a fin de, a maior brevidade, liberar de peaxe o tramo Vigo-Porriño, para abordar de xeito urxente a seguridade da A-55, por ser a solución máis rápida, inmediata e economicamente mais viable ao problema da sinistralidade nesta vía.

 

2º.- Demandar do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible que, con carácter urxente, propoña novas alternativas ao trazado proposto da autovía das Rias Baixas A-55 pola grave afección que provoca a parroquias de Vigo como Bembrive, e de Mos como Sanguiñeda, Petelos, Pereiras e Tameiga, a efectos de buscar unha solución definitiva e a longo prazo.

 

3º.- Esixir do Goberno de España a inmediata apertura dun período de interlocución, institucional e técnica, con todos os concellos afectados para definir a actuación de modo que sexa respectuosa co territorio, socialmente viable e supoña unha infraestrutura axeitada e segura para a mobilidade da

zona.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina