saltar ao contido

Magdalena Pérez Millares toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

Magdalena Pérez Millares toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

 

 

Santiago, 11 de febreiro de 2025.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Magdalena Pérez Millares como deputada Grupo Parlamentario Popular. A nova deputada da circunscrición da Coruña substitúe no seu escano a Pablo Javier Prieto Perille.

 

Magdalena Pérez Millares (Porto do Son) é licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela e conta co Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística.

 

Concelleira delegada de Réxime Interior, Persoal e Administración no Concello de Porto do Son desde xullo de 2024, foi anteriormente a responsable no mesmo concello da área de Benestar Social e Igualdade, Educación e Sanidade entre 2015 e 2023.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

 

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina