saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria prevista para o 25 de febreiro de 2025

Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de febreiro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de febreiro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

 Punto 1.Texto Lexislativo
   
 1.1Debate de toma en consideración da Proposición de lei orgánica, para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de transferencias complementarias a Galicia en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguranza viaria (doc. núm. 14775, 12/PPLC-000004)
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 27.11.2024
   
 Punto 2.Comparecencia
   
 2.120313 (12/CPP-000035)
  Do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por petición propia, para informar das liñas de actuación en materia de I+D+i da Xunta de Galicia
   
 Punto 3.Mocións
   
 3.120043 (12/MOC-000047)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Pérez Fernández, Rosana
  Sobre as políticas públicas que está a deseñar o Goberno galego diante da grave crise do sector do mar en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 17196, publicada no BOPG núm. 145f2, do 27 de xaneiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 11 de febreiro de 2025.)
   
 3.220149 (12/MOC-000048)
  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
  Longueira Castro, Silvia
  Sobre as estratexias do Goberno galego para a defensa e promoción da lingua galega (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 4468, publicada no BOPG núm. 31f1, do 29 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 11 de febreiro de 2025.)
   
 3.320206 (12/MOC-000049)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Queixas Zas, Mercedes
  Sobre as estratexias para afrontar a situación actual da lingua galega (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 16145, publicada no BOPG núm. 139, do 15 de xaneiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 11 de febreiro de 2025.)
   
 Punto 4.Proposicións non de lei
   
 4.1541 (12/PNP-000034)
  Grupo Parlamentario Popular de Galicia
  Pérez López, Noelia e 8 máis
  Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que este volva á bonificación do cen por cento dos seguros sociais nas baixas por maternidade
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024
   
 4.26477 (12/PNP-000673)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís
  Sobre as accións que debe impulsar o Goberno galego en relación coas súas políticas de mobilización do parque de vivendas baleiras para o alugamento
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49f1, do 10.07.2024
   
 4.38029 (12/PNP-000739)
  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
  Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia
  Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego en relación cos recursos humanos da área de saúde mental do Sistema público de saúde de Galicia, co obxectivo de acadar a equiparación coa media de profesionais do resto de España
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 68, do 21.08.2024
   
 4.411479 (12/PNP-000948)
  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
  Iglesias Rey, Patricia e 2 máis
  Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia coa finalidade de que active de forma inmediata todas as axudas do Fondo de Transición Xusta destinadas a compensar as comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91f2, do 25.09.2024
   
 4.518231 (12/PNP-001449)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Carreira Pazos, Iria e 4 máis
  Sobre as actuacións que o Goberno galego debe pór en marcha ante o novo proxecto da mina de Touro e O Pino
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025
   
4.619569 (12/PNP-001553) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis 
 Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación coa tramitación da lei orgánica de transferencia da AP-9 e a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que avalíe a oportunidade do rescate desta autoestrada 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025 
   
 Punto 5.Interpelacións
   
 5.117724 (12/INT-000725)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Insua Lema, Óscar e 2 máis
  Sobre as estratexias do Goberno galego relativas ao reto demográfico e á mellora do financiamento dos concellos afectados polo despoboamento
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 148f1, do 30.01.2025
   
 5.219271 e 20327 (12/INT-000766)
  Grupo Parlamentario Mixto
  Ojea Bouzo, Armando
  Sobre a transferencia da titularidade á Administración local das vías autonómicas que xa forman parte do tecido urbano de moitas cidades, nomeadamente no caso de Ourense
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025
   
 5.319447 (12/INT-000774)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
  Sobre a autorización á Altri da captación e vertedura de auga no río Ulla
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025
   
 Punto 6.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
   
 6.120307 (12/POPX-000033)
  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
  Gómez Besteiro, José Ramón
  Sobre a xestión do Goberno galego na asignación de recursos para as administracións públicas en relación coa prestación dos servizos públicos
   
 6.220308 (12/POPX-000034)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Pontón Mondelo, Ana Belén
  Sobre os problemas das familias e da mocidade para poder pagar un alugueiro accesible
   
 Punto 7.Preguntas ao Goberno
   
 7.118029 (12/POP-002838)
  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
  Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos
  Sobre as previsións do Goberno galego en relación co inicio, en  Vilagarcía de Arousa, do proxecto para a construción dunha nova estación intermodal e para o mantemento e adecuación da estación de autobuses
  

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 148f1, do 30.01.2025

 

 7.220306 (12/PUP-000084)
  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
  Castro Rey, Paloma
  

Sobre os compromisos que está disposta a asumir a Xunta de Galicia respecto do uso público de praias e zonas costeiras a partir da consumación do traslado de competencias en materia de xestión do litoral

 

 7.319369 (12/POP-002998)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis
  Sobre as queixas relativas á calidade da comida na Residencia Dolores Díaz de Dávila, en Ortigueira
  

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025

 

 7.419209 (12/POP-002990)
  Grupo Parlamentario Popular de Galicia
  Sanz Arias, Cristina e 7 máis
  Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da actuación do Goberno central no relativo á actualización das entregas á conta do sistema de financiamento autonómico
  

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025

 

 7.518961 (12/POP-002928)
  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
  López Font, Carlos e Castro Rey, Paloma
  Sobre o nivel de execución acadado no terceiro trimestre de 2024 do programa orzamentario 451B, "Acceso á vivenda"
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025
 

 

7.6

 

16704 (12/POP-002564)

  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Castro García, Daniel e Prado Cores, María Montserrat
  Sobre a situación da atención sanitaria no Centro de Saúde de Ourol ao non ter presenza diaria dun médico ou médica
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144f1, do 24.01.2025
   
 7.718370 (12/POP-002876)
  Grupo Parlamentario Popular de Galicia
  Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
  Sobre as medidas desenvolvidas para incentivar a cobertura de prazas de persoal médico nos hospitais comarcais
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025
   
 7.819286 (12/POP-002975)
  Grupo Parlamentario Popular de Galicia
  Baladrón Lamas, Victor Manuel e 8 máis
  Sobre a evolución e a finalidade das axudas extraordinarias ao retorno que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025
   
 7.920303 (12/PUP-000082)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Fernández González, Ariadna
  Sobre o procedemento seguido pola Xunta de Galicia nas axudas ás explotacións afectadas pola enfermidade hemorráxica epizoótica
   

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2025

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina