A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 19 de febreiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 2944 (12/PNC-000372)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 3 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa autoestrada AP-9
BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que faga efectiva as seguintes demandas:
1º- Impulsar todas as iniciativas políticas e executivas que sexan precisas para culminar o proceso de transferencia da titularidade e competencias sobre a AP- 9, de conformidade coa proposición de Lei aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado mes de decembro e que se tramita ante o Congreso dos Deputados.
2º- Implantar con carácter inmediato e con independencia do proceso anterior, a gratuidade das peaxes nas autoestradas AP-9 e AP-53, as máis caras de España, en cumprimento do compromiso adquirido polas formacións políticas que sustentan o Goberno de Pedro Sánchez no último proceso electoral."
- 14610 (12/PNC-001429)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da finalización da senda peonil Vilaúde-O Reirado, entre os concellos de Alfoz e do Valadouro
BOPG n.º 123, do 27.11.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a rematar canto antes a senda peonil Vilaúde-O Reirado entre os concellos de Alfoz e O Valadouro."