saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 19 de febreiro de 2025

 

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de febreiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 14047 (12/PNC-001384)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Barreiro Sánchez, Enrique e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que adapte ás condicións do sector cárnico galego os contratos da Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria

BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, a dirixirse ao Goberno de España para que flexibilice e adapte os contratos da Lei de Medidas para mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria ás condicións peculiares do sector cárnico galego."

 

 

- 19414 (12/PNC-001785)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que poña en marcha medidas destinadas a mellorar a situación que atravesa o sector apícola

BOPG n.º 156f2, do 12.02.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación medidas dirixidas a mellorar o sector apícola ante a insostible situación pola que está a atravesar".

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 18936 (12/PNC-001738)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara

Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego relativas á xestión dos espazos forestais que teñan carácter de montes protectores

BOPG n.º 153f1, do 06.02.2025

 

Sométese a votación por puntos:

- Puntos 1 e 3: aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

- Punto 2: rexeitado por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

 

1. Seguir as recomendacións núms. 3 e 6 do ditame da Comisión non permanente de Estudo e Análise das Reformas da Política Forestal de Prevención e Extinción de Incendios Forestais e do Plan Forestal de Galicia.

 

2. Que se lle outorgue aos montes protectores carácter preferente en relación coas axudas e subvencións relativas ás repoboacións e mellora de masas forestais".

 

​​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina