saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de febreiro de 2025

 

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de febreiro de 2025

      

​4.1 541(12/PNP-000034) Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que este volva á bonificación do cen por cento dos seguros sociais nas baixas por maternidade Publicación da iniciativa, 9f1, 11.04.2024

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ó Goberno Central para solicitarlle a recuperación do 100% da bonificación polas baixas de maternidade".

 

 

 

 

4.6 19569(12/PNP-001553) Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación coa tramitación da lei orgánica de transferencia da AP-9 e a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que avalíe a oportunidade do rescate desta autoestrada

Publicación da iniciativa, 156f1, 12.02.2025

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia acorda como Resolución dirixirse ao Congreso dos Deputados, en particular á Mesa e a súa Presidenta, co fin de que desbloquee a tramitación da proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autopista do Atlántico (AP-9) á Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto, acordando, de xeito inmediato, a finalización do prazo para a presentación de emendas para permitir que este texto lexislativo avance cara ao debate de aprobación definitiva.

 

Asemade, ínstanse á Xunta de Galicia a demandar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para que avalíe a oportunidade do rescate da autoestrada AP-9, xa que logo sería máis económico que o mantemento das bonificacións das peaxes ata o fin da concesión".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina