saltar ao contido

Parlamento e Xunta reciben ás visitas escolares participantes no programa “Coñece as túas institucións"

Parlamento e Xunta reciben ás visitas escolares participantes no programa “Coñece as túas institucións"

 

 

  • O presidente do Parlamento e o conselleiro de Educación recibiron hoxe aos grupos de alumnos do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces e do CEIP Plurilingüe Froebel de Pontevedra

 

  • O programa “Coñece as túas institucións" está impulsado conxuntamente polo Parlamento e pola Xunta para divulgar o papel das institucións autonómicas

 

 

 

Santiago, 26 de febreiro de 2025.- O Parlamento galego recibíu hoxe varias visitas escolares organizadas no marco do programa “Coñece as túas institucións", impulsado conxuntamente polo Lexislativo e o Executivo galegos para divulgar entre os máis novos o papel das institucións autonómicas.

 

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, recibiron hoxe aos grupos de alumnos do do CEIP Plurilingüe Froebel de Pontevedra e do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, respectivamente.

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina