saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura celebrada o 27 de febreiro de 2025

 

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de febreiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 14583 (12/PNC-001425)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Davila, María Cristina e 2 máis

Sobre as medidas que debe impulsar a Xunta de Galicia no campo da dixitalización no ensino e no que concirne ao programa E-dixgal

BOPG n.º 123, do 27.11.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O parlamento galego insta á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a:

1.- Realizar unha avaliación seria do Programa Edixgal tras dez anos de implementación nas aulas, coa participación de todos os sectores afectados: familia, alumnado e docentes para coñecer o seu uso (dependendo dos centros, curso, materias...) e que valoración teñen do programa. Avaliar en qué medida este recurso dixital está favorecendo realmente a aprendizaxe e se supón unha mellora da Competencia Dixital, que é o que se espera dun programa deste tipo.

2.- Identificar boas prácticas, en que centros o nivel de satisfacción é alto por parte dos distintos sectores e como se está empregando.

3.- Mellorar a información que reciben as familias sobre Edixgal, que aporta ao proceso de aprendizaxe e como se emprega desde as distintas materias.

4.- A través da Certificación de Competencia Dixital Docente (CDD), integrar Edixgal na formación do profesorado promovendo un uso interdisciplinar xunto con máis ferramentas, onde nas materias que se empregue o libro dixital tamén teñan cabida outros recursos, especialmente en primaria e 1º ESO.

5.- Reforzar o desenvolvemento da dimensión da Competencia Dixital relativa ao uso responsable das TIC, a xestión da privacidade e a identidade e de saber facer unha lectura crítica dos contidos e dos procesos, un uso ético e responsable destas ferramentas."

 

 

 

 

- 15635 (12/PNC-001524)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que reforce a súa colaboración coa UNED para incrementar na nosa comunidade a oferta de prazas para o máster de formación do profesorado

BOPG n.º 135, do 02.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reforzar os lazos de colaboración coa UNED para incrementar a oferta de prazas a distancia do máster de profesorado que, actualmente, oferta esta institución en Galicia; así como buscar promover que as universidades públicas do SUG incremente a súa."

 

- 16382 (12/PNC-001566)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia

Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe pór en marcha no que atinxe ao programa e-Dixgal e á dixitalización no ensino

BOPG n.º 139, do 15.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O parlamento galego insta á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a:

1.- Realizar unha avaliación seria do Programa Edixgal tras dez anos de implementación nas aulas, coa participación de todos os sectores afectados: familia, alumnado e docentes para coñecer o seu uso (dependendo dos centros, curso, materias...) e que valoración teñen do programa. Avaliar en qué medida este recurso dixital está favorecendo realmente a aprendizaxe e se supón unha mellora da Competencia Dixital, que é o que se espera dun programa deste tipo.

2.- Identificar boas prácticas, en que centros o nivel de satisfacción é alto por parte dos distintos sectores e como se está empregando.

3.- Mellorar a información que reciben as familias sobre Edixgal, que aporta ao proceso de aprendizaxe e como se emprega desde as distintas materias.

4.- A través da Certificación de Competencia Dixital Docente (CDD), integrar Edixgal na formación do profesorado promovendo un uso interdisciplinar xunto con máis ferramentas, onde nas materias que se empregue o libro dixital tamén teñan cabida outros recursos, especialmente en primaria e 1º ESO.

5.- Reforzar o desenvolvemento da dimensión da Competencia Dixital relativa ao uso responsable das TIC, a xestión da privacidade e a identidade e de saber facer unha lectura crítica dos contidos e dos procesos, un uso ético e responsable destas ferramentas."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 6015 (12/PNC-000725)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Longueira Castro, Silvia e Abalde Alonso, Julio Ernesto

Sobre determinadas medidas que o Goberno galego debe levar a cabo en relación coa promoción do patrimonio cultural de Galicia

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Supervisar que os titulares dos Bens de Interese Cultural de Galicia cumpren coa obriga de abrilos para a súa visita gratuíta catro días ao mes.

2. Promover que o pobo galego coñeza o seu patrimonio cultural.

3. Planificar para difundir, implementar ou poñer de relevancia os BIC galegos que non teñan unha visibilidade significativa."

 

 

- 17915 (12/PNC-001665)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 9 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxectivo de que impulse accións que permitan a inclusión do videoxogo no sistema cultural galego

BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia ao desenvolvemento de accións que permitan a inclusión do videoxogo no sistema cultural galego."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina